domingo, 30 de diciembre de 2007
24 de Decembro:
¡Noiteboa! Hoxe foi un día memorable. Viñeron os meus curmáns de Almería e case todos os meus tíos, en total xuntámonos en casa dos meus avós vinte e oito persoas. A parte de celebrar o Nacemento de Xesús, tamén celebramos que fai cincuenta anos iniciaron os meus avós o seu noivado. Logo de moito tempo e esforzo para preparar a cea empezamos a degustala. A ríquisima cea estaba composta por lagostinos, queixos, patés, pavo e para acabar, os famosos turróns do Nadal.
23 de Decembro:
Hoxe pola mañá fun a un partido de fútbol. Xogamos contra o Imperátor, un equipo que está situado na parte de arriba da táboa. Non eran tan bos e perdemos porque non estabamos todos os do equipo. Desgraciadamente faltaron tres titulares indiscutibles que xa se marcharon de vacacións coa súa familia. Ao final, foron convocados catro canteiráns e o resultado final foi 6-2 favorable ao Imperátor.
viernes, 28 de diciembre de 2007
22 de Decembro:
Hoxe foi un día moi movido. Ás once e media da mañá dirixinme ao Club Xuvenil Rueiro. Alí déronnos as leccións básicas de "buzoneo" e ás doce e media saímos tres equipos a facer publicidade da Campaña Ningún Neno Sen Reis. No meu equipo ían: Rafa Villalobos; Fernando, o seu curmán; Moncho e Daniel Estraviz. Ao acabar o día cubriramos toda a zona de Juan Flórez ata Linares Ribas.
21 de Decembro:
¡Por fin de vacacións! Logo de tres duros meses de deberes e examenes, temos dúas semanas para descansar. Aínda que temos bastantes deberes: este maldito caderno de bitácora, ler un libro en inglés (Frankestein) e outro en español (A terra das papas) e uns exercicios de Matemáticas. Con todo, non foi un día de alegría total para a miña: pola tarde xoguei a final dun campionato de futbol e perdina.
jueves, 20 de diciembre de 2007
20 de Decembro:
Hoxe volvín ao suplicio do colexio. Pola mañá estaba deprimido, aínda que polo menos tiña o consolo de que era o último día completo nesta cruel tortura, porque mañá ás 13:00 estaremos oficialmente de vacacións. Hoxe, Don Xosé Antón díxome as notas de case todas as materias e estou bastante contento, aínda que os típicos celosos de clase non o estean tanto...
19 de Decembro:
Como predixen onte, hoxe tamén me quedei na miña casa enfermo, aínda que moito mellor que onte. Xa non me doe a cabeza e non estou tan cansado como onte, entre outras cousas, porque volvín quedarme ata as once na cama. Logo levanteime e púxenme a ver a televisión. As dous, cando chegou o meu pai, comimos unha sopa riquísima e de segundo prato pechuga de polo.
18 de Decembro:
Hoxe estou enfermísimo. Teño fortes dores de cabeza. Aínda que non estivo tan mal o de non ir ao colexio. Levánteme ás once, e entón acordeime dos meus pobres compañeiros que levaban xa tres horas e media en pé. O resto do día paseimo vendo a televisión e durmindo, non estudei nada. Mañá tampouco irei ao colexio.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)