martes, 1 de enero de 2008

27 de Decembro:

Hoxe pola mañá fomos a patinar sobre xeo ao Coliseum, cos meus curmáns de Almería e os Villalobos. Pasámonolo moi ben e eu non me caín nin unha soa vez, non como o meu curmán, que estaba máis tempo no chan que de pé. Logo fomos a comer a casa dos meus avós e pola tarde, fun cos meus amigos e o meu curmán ao cine, a ver a película:"Son lenda", bastante boa, pero ma amolou Fran gritando con todas as súas forzas cada vez que aparecía un zombi. Aínda que no fondo tiña razón, eu tamén pasei un pouco de medo...

No hay comentarios: