miércoles, 2 de enero de 2008
28 de Decembro:
¡Inocentes! Hoxe é o día dos Santos Inocentes, aínda que eu non o vivín tan intensamente como outros anos. Pola mañá fun á Coruña, onde asistín a unha Misa pola miña defunta tía. Despois fomos a tomar un aperitivo a un bar da zona. Pola tarde fun a Rueiro para participar nunha procura do tesouro. A pesar de ter o peor equipo e ir sempre por detrás dos nosos adversarios, ao final atopamos o tesouro e gañamos o xogo. Nin sequera tiñamos a última pista pero a vida é así...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario