lunes, 14 de enero de 2008

5 de Xaneiro:

Hoxe ás dez da mañá fun a Rueiro para entregar os agasallos ás persoas apuntadas á Campaña. Ata as dez e media estivemos cargando todas as bolsas de agasallos nas furgonetas. Entón dirixímonos ao Centro Cívico de Monelos, onde tiñamos que entregar. Ata as dúas estivemos entregando os agasallos. A xente apuntada chegaba e dicíanos o seu número de bolsa, nós buscabámola e dabámoslla. Pola tarde quedeime en casa esperando a chegada dos Reis.

No hay comentarios: